Comunicar a todos que por fin xa temos unha páxina web; aaccmestremanuelgacio.gal
Este dominio* é o froito do compromiso co idioma galego de moitas persoas que creen no seu e na súa identidade. Para a nosa asociación é un orgullo ser posiblemente os primeiros do concello de Boqueixón en acoller este dominio.
Dende xa, a nosa xanela está aberta para todos, por iso mantede esta ventá sempre entreaberta, un lugar onde ides ter toda a información da Asociación.
Por outra banda, para o vindeiro sábado 24 de xaneiro temos o espectáculo de Celso, un dos destacados contadores en lingua galega. ver arquivo.
Saúdos,
Xunta directiva
*A Asociación PuntoGal foi a responsable de preparar, promover e presentar a candidatura para a consecución do dominio .gal, unha iniciativa orientada a acadar un dominio propio en Internet para a sociedade galega e, a través del, unha maior visibilidade e presenza da sociedade galega, identificada como tal, dentro da Rede.
A Asociación PuntoGal é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega, plural e diversa e será a responsable da xestión do dominio .gal . Os ingresos producidos pola xestión do rexistro dedicaranse ao mantemento do dominio e no caso de se produciren beneficios serán reinvestidos en fomentar a lingua e a cultura galegas no ámbito das novas tecnoloxías.