FACÉMONOS ECO DA MISIVA ENVIADA POLA ASOCIACIÓN » AMIGOS DE PONTELEDESMA»
Estimad@s amig@s:
Dende o grupo «Amigos da ponte de Ponte Ledesma» dirixímonos a vos para informarvos de unhas visitas guiadas-teatralizadas que terán lugar o vindeiro Domingo 4 e Sábado 10 de Marzo ás 12h. Nelas o guía turístico e actor Suso Martínez recreará o episodio acontecido o 9 de Marzo do ano 1809. Nese día preto de 2000 labregos, sen armas de fogo nin nocións militares, enfrontáronse a uns 2000 soldados do exército de Napoleón saíndo (contra todo pronóstico) vencedores neste lance. A particularidade e relevancia histórica deste episodio radica en que foi a única batalla contra o exército de Napoleón na que a poboación Civil, sen apoio do exército, consegui vencer ós franceses.
Enviámosvos en 2 archivos adxuntos un pequeno resumo que fixo Suso Martínez do que alí vai a representar e un cartel da visita. Estaremos encantados de recivirvos se podedes achegarvos e agradecémosvos enormemente a difusión.
Para calquer dúbida ou para ampliar información podedes contactar con nos a través deste enderezo electrónico ou no tfno 652798270
Moitas gracias pola atención e un saúdo
Natalí González Cacho (Amigos da ponte de Ponte Ledesma)