VII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA: AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Achegamos, con rogo de divulgación, o programa do VII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA, “AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS, A DEPURACIÓN NO MAXISTERIO E AS MULLERES ANTIFRANQUISTAS REPRESALIADAS”, que se celebrará en Rianxo, Boiro e Gres (Ponte Ledesma), os días 20, 21 e 22 de maio de 2016. O Seminario contará coa presenza de destacados especialistas no período, así como de ex-guerrilleiros e de familiares de guerrilleiros.

É unha proposta para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Preténdese suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno das Misións Pedagóxicas, sobre a desapiadada depuración sufrida polo maxisterio e, especificamente, sobre as mulleres antifranquistas que foron represaliadas. O obxectivo último do Seminario persegue posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza.
memoria copia

Dadas as características do Seminario, as prazas son limitadas. Trátase dunha actividade recoñecida con 20 h. de formación (proceso de recoñecemento en trámite).

Toda a información pode localizarse na páxina web de Nova Escola Galega (www.neg.gal).

O programa pode localizarse aquí: Programa

E a ficha de inscrición, aquí: Matrícula

Reiteramos a petición de divulgación

A matrícula para os nosos socios/as é de 30 euros.

Máis novas

FESTAS DO GUNDIÁN

Luz do Ilicinio, Raeira e Delorio actuarán nas Festas do Gundián 2024.