sorteo da Enciclopedia galega universal – VI SEMINARIO SOBRE A MEMORIA “O EXILIO, A MULLER E A GUERRILLA: O GARDARRÍOS”

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Estamos sorteando a Enciclopedia galega universal, temos rifas que están agardando que alguén tente vendelas. Tamén podedes mercar algunha papeleta por 2 euros e o día 16, se a sorte acompaña, marchar para a casa cunha xoia da cultura de Galicia, que ten un prezo no mercado de 1.400 euros.

guerrilero

Luis Trigo Chao «Guardarríos»

A Asociación Mestre Manuel Gacio colabora no Seminario sobre a memoria  histórica no contexto escolar o fenómeno do exilio, a muller e a guerrilla antifranquista que posibilite un mellor coñecemento do noso pasado máis recente.

Terá lugar entre os días 8, 9 e 10 de maio de 2015. Entre os obxectivos deste Seminario destancan: Estudar e analizar diferentes aspectos básicos da evolución histórica de Gacicia  e situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado.

Toda a información pode localizarse na páxina web de Nova Escola Galega (www.nova-escola-galega.org).

O programa encontrase situado neste enlace: http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/Memoria_2015_Programa_provisional.pdf

E a ficha de inscrición, aquí: https://docs.google.com/forms/d/1EoTbBL-BnIUxrXJnq1S89yr–ue65msv_x4fGVWBnpQ/viewform.

As prazas son limitadas. Animamos os socios e simpatizantes a participar neste Seminario

Máis novas

FESTAS DO GUNDIÁN

Luz do Ilicinio, Raeira e Delorio actuarán nas Festas do Gundián 2024.