Máis de medio centenar de traballos presentáronse ao concurso literario convocado pola Asociación Mestre Manuel Gacio.
O xurado estimou a calidade dos traballos presentados dun nivel máis que notable, polo que decidiu conceder dous accésits máis en ámbalas categorías
Os premiados recibiron o seu galardón o día 22 de decembre na Casa da Cultura de Camporrapado, acto que no que houbo unha lembranza especial para Luís Reimóndez, presidente da Fundación Neira Vilas.
Os gañadores foron:
Categoría A: Alumnos/as de Primaria
Un iPad, para o primeiro premio a a Michelle Mato por “Manto de árbores”
O segundo premio un eBook a Ángela Liñares por “A lenda dos veciños desaparecidos”
Accésit:
Para Jessica Afonso por “Alicia e a máquina do tempo” e Sara Ramos Mato por “Un encargo moi especial”
B: Alumnos/as de Secundaria
Un iPad, para o primeiro premio a María Crespo por “Rumores máxicos”
O segundo premio un eBook a a Rubén Montero por “Excursión ao Pico Sacro”
Accésit:
Para Uxía Iglesias por “A maxía do Pico Sacro” e Pablo Barriuso por “Eclipse”.
Durante o acto, os premiados e os asistentes puideron disfrutar de dúas obras de teatro:
– A cebra Camila, representada polo CEIP DE FOXO.
– O Apalpador representada polo grupo OS FURABOLOS con CARLOS LABRAÑA