RECOÑECiMENTO O MESTRE MANUEL GACIO

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

RECOÑECiMENTO O MESTRE MANUEL GACIO
O promotor e primeiro presidente da Asociación Cultural, Xose M. Lobato, esgrime nun articulo publicado en Galiciahoxe.com, as razóns polas que o Mestre Manuel Gacio é merecedor de que a recentemente creada Asociación debe levar o seu nome.

 

“ Milleiros de crianzas foron testemuñas directa e activas, sintonizaban un dial que emitía fundamentalmente humanidade, coa experiencia queimada polo tempo, pódese afirmar que este educador posuía esa escasa virtude que diferenza a calquera ser humano, a empatía.

 

Semellante a calquera sementeira, nas súas aulas o importante era o colectivo, a súa dedicación a grupos tan numerosos era total e absorbente, absolutamente esgotadora. Porén, o noso mestre don Manuel, sempre estaba na súa escola de Lestedo, xornada a xornada estimulaba tanta graíña con potencial coa esperanza de que algunha primavera agromarían.

 

Preguiceiros grans, varios lustros de latente espera. No entanto, neste xaneiro xélido de 2012, lograron arrincar de tan profundo e acomodado sono un importante número daqueles que enraizaron nas terras vizosas do mestre de cátedra.

 

Hoxe, xa non era sen tempo. Mestre, chegou o futuro sen límite, aí está o recoñecemento dos teus alumnos, veciños e cidadáns en xeral. O teu traballo será coñecido e recoñecido, mediante unha asociación cultural con base sólida e consistente, pois os teus principios e filosofía son a súa razón de ser e seguen vixentes en nós.

 

Asociación cultural mestre Manuel Gacio é unha realidade, as súas portas están abertas a todos e todas, mentres que as súas fiestras son transparentes e de inmensa sensibilidade co patrimonio legado polos nosos devanceiros”

Máis novas

FESTAS DO GUNDIÁN

Luz do Ilicinio, Raeira e Delorio actuarán nas Festas do Gundián 2024.