O grupo de pandereteiras da Asociacón Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo gañou un ansiado primeiro premio no XXVIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina celebrado no Centro cultural Ágora, A Coruña o domingo día 14 de maio. Este concurso, no que participaban grupos procedentes de toda Galicia.
O premio obtivérono as nosas nenas no apartado de pandeireteiros/as, Categoría A (ata 9 anos inclusive) , Segundo figuraba nas bases de concurso o xurado tivo en conta:
Autenticidade e dificultade dá peza.
Expresividade na interpretación.
Emocionadas e orgullosas recibiron un trofeo e premio en metálico de 250 €.
É todo un éxito para estás nenas e as súas monitoras, ás que felicitamos de todo corazón , así como ás familias pola súa constancia achegándoas aos ensaios.
Detrás de cada grupo hai moito traballo que non sempre se recoñece ou non se valora na súa xusta medida .
Empeño, traballo e ilusión son calidades a destacar na Asociación que comezou a súa andaina neste bonito e apaixonante mundo da cutura e o patrimonio artísitico fai tan só cinco anos e cuxa alma «mater» é o seu presidente e fundador Xosé Manuel Lobato que no acto celebrado onte na Coruña non podo conter a súa emoción cando escoitou o nome das gañadoras .