Onte celebrouse o dia das letras galegas en Lestedo

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Tal e como estaba previsto, a Asociación Mestre Manuel Gacio, celebrou onte no Centro de interpretación Pico Sacro o Día das Letras Galegas.

MEMBROS DA ASOCIACIÓN O XEITO DE ESTEIRO RAMATIZANDO CONTOS DE XOSE AGRELO
MEMBROS DA ASOCIACIÓN O XEITO DE ESTEIRO DRAMATIZANDO CONTOS DE XOSE AGRELO

Contou coa presenza de escritor rianxeiro Xosé Losada Vicente que fixo unha brillante exposición da obra e vida dalgúns dos escritores da zona do Barbanaza e respondeu ás interpretacións que Xosé M. Lobato e Manuel Abelleira fixéronlle.

Seguidamente a presentadora do evento, Sofía Silva comentou e recitou a poesía de Añon, » A Galicia», que poden escoitar no seguinte enlace.

 

 

 

SOFIA SILVA PRESENTADO O ACTO  DAS LETRAS GALEGAS 2015
SOFIA SILVA PRESENTADO O ACTO DAS LETRAS GALEGAS 2015

Dous membros da Asociación Cultural » O Xeito» de Esteiro – Muros fixeron unha lectura dramatizada de catro contos inéditos de Agrelo cunha entoación cargada de naturalidade expresiva que cativou os asistentes ao acto.

Por último a música e bailes a cargo da Agrupación Loaira e de Cantigas e Agrarimos puxeron punto final a esta festa das Letras Galegas 2015

A  AGRUPACION LOAIRA FIXO, ARRANCOU COMO SEMPRE OS APLAUSOS DE PÚBLICO
A AGRUPACION LOAIRA  ARRANCOU ,COMO SEMPRE, OS APLAUSOS DE PÚBLICO

Máis novas

FESTAS DO GUNDIÁN

Luz do Ilicinio, Raeira e Delorio actuarán nas Festas do Gundián 2024.