A música e o baile tradicional galego teñen moitos anos pero están moi vivos, proba delo e o gran encontro de grupos de baile ,de gaitas, pandereteiras e outros instrumentos que amenizarán o III seran “ Sons do Ilicinio” o vindeiro sábado , dia 30 de maio no campo da Festa de Lestedo , a partir das 20.30 coa presencia dos grupos de nenos Loaira, Raiolo e Cantaruxeiros Pena maior de Marrozos e continuará ata ben entrada a madrugada con os seguintes grupos musicais ou charangas :
Ghusto do Boi. Charanga tradicional con gaitas,rrequintas e moitos outros instrumentos, ademáis dá voz dos compoñentes do grupo.
Recobio. Veterana charangaa con máis de doce anos de existencia, orixinaria de Vaamonde – Teo.
Muxicas dá Silveira. Un dous grupos máis lonxevos, xa vai a cumprir ou cuarto de século
Padereteiras de Codeso.
Sons de gaita” de recente constitucion que vén pegando forte . Son de Sergude
Escola de muiñeira de Cantigas e Agarimos .E unha das agrupacions máis antigas dedicada o folclore de Galicia. Foi fundada no ano 1911
A requinta de Xián de Lestedo.
Estralampo. Grupo que tivo a súa primeira actuación en público o pasado dia 25 de abril de 2015. Foi constituido no seo da Asociación Mestre Manuel Gacio.
https://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=rieUNSeEyvI
https://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=z3IZHC5ybpI#t=22
https://www.youtube.com/watch?v=2_ixVAbeBbQ&feature=player_embedded