No transcurso dun macro festival de agrupacións musicais, todas elas situadas no municipio de Boqueixón, foi presentado o libro-CD » Boquixón, música e tradición» na casa de cultura de Camporrapado completamente abarrotada de público.
A agrupación Loaira, benxamína dos participantes, interpretou dúas novas cancións que fixeron as delicias do público asistente. Este grupo coral que ás súas voces unen a música de pandeiretas está constituído por nove nenas e foi creado no seo da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio fai pouco máis dun ano. A súa liña ascendente é imparable. En hora boa ás nenas, os seus familiares e por suposto ás profesoras que as ensaian