O vindeiro 23 deste mes celebrase o día do libro, para conmemorar dita efeméride o concello de Boqueixón agasalla con libros a todos os que o desexen. Neste caso gozar da lectura só require pasar polo campo da feira de Lestedo (ver arquivo).
Supoñemos a todos coñecedores do éxito dos grupos de pandeireta que participaron no concurso Xiradela de Arteixo, felicidades a rapaces e monitoras. A próxima actuación é o día 28 de abril no programa Luar. Ese día todos debemos ser espectadores implicados co Luar.
E, para o día seguinte (29 de abril) andaina poética polo Pico Sacro coa colaboración de Nova escola galega. Ánimo, a camiñar e gozar das obras poéticas que inspira o noso Pico.
Saúdos ilicinios,