O CLUB DE LECTURA “ LIBREDON”RENOVA A SUA ANDAINA

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

A Asociación comeza un novo curso con diversas actividades, unhas que xa viñan realizando e outras novas.

O club de lectura » Libredón», é unha delas que deu os primeiros pasos o pasado curso.Conta ata agora con poucos membros, polo que segue aberto para que se anoten máis persoas.O propósito é que conte ,polo menos, con 10 membros  O funcionamento é o normal nestes clubs de lectura: len ao mesmo tempo un libro. Cada un faio na súa casa pero unha vez á semana, nun día e a unha hora fixos, reúnense todos para comentar as páxinas avanzadas desde o encontro anterior. Nas reunións se debate sobre o que se leu en casa: o estilo literario, a acción mesma, os personaxes… En cada reunión acórdase a cantidade para ler nos días posteriores, e é ese anaco soamente o que se comenta na seguinte.

O primeiro libro deste curso é a » ferida do vento» de Antón Reiveiro Coelho.

As opinións dos membros do grupo enriquecen moito a impresión inicial que cada un saca lendo en solitario. O apoio do grupo é tamén moi positivo

Máis novas

FESTAS DO GUNDIÁN

Luz do Ilicinio, Raeira e Delorio actuarán nas Festas do Gundián 2024.