Prezados amigos/as:
En calidade de Presidenta do Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, é para min unha obriga transmitirlle o noso máis sincero recoñecemento pola súa inestimable colaboración no desenvolvemento do VII Seminario sobre a Memoria Histórica, que se desenvolveu en Rianxo e en Gres hai uns días. Sen a súa axuda, sen dúbida, o Seminario non tería acadado o nivel de análise e de reflexión sobre os temas que se abordaron nel que, efectivamente, se logrou.
Aproveito a ocasión para saudalo/a afectuosamente,
Ames, 6 de xuño de 2016
Mª Dolores Candedo Gunturiz