En primero lugar, trasladar o agradecemento a todos os que colaborastes para que o serán do pasado sábado fose todo un éxito.
Achegamos cartel da Noite Máxica que celebraremos o sábado, 24 de xuño, a partir das 19 horas no cumio do Pico Sacro e que será tamén como clausura dos obradoiros de música tradicional.
A programación para ese día é a seguinte:
19:00 horas: actuacións dos grupos da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio
20:00 horas: petiscos
20:30 horas: contada para os máis pequenos
21:00 horas: actuación de Chorimas de Porto do Son
21:30 horas: Candido Pazó
Remate co ritual do lume sagrado.
Animarvos a participar!
un saúdo,
a Xunta Directiva.