Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das mencinheiras
Que mellor lugar que o Pico Sacro con infinidade de lendas como as que falan da existencia de serpes, dragones e unha multitude de seres mitológicos para pasar esta noite. Así que todos estamos convidados a pasar esta noite máxica no Pico Sacro
De todas as festas que se celebran en Galicia semella ser esta, polas súas características, a que maior número de manifestacións rituais aglutina e a que maior interese colectivo suscita en todos os recunchos do pais..
Considerada como unha das festas primitivas estacionais e preñada de fonda mitoloxia, tamén figura entre aquelas que sofreron un maior influxo cristianizador.
San Xoán segue a manifestar hoxendía o seu poderoso ritual, convocando a milleiros de persoas nos pobos e cidades de Galicia, nas prazas, nos eirados e nas praias, adquerindo un extraordinario pulo no medio urbano que semella seguir os pasos dos Magostos nos que o lume tamén é o eixo focalizador.