LOGROS CONSEGUIDOS

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

 

*      Creación do grupo Loaira

No seo da Asociación creouse un grupo de cativos entre catro e sete anos que está a causar grande expectación entre o público da comarca.. xa gañaron un premio nun festival tradicional celebrado en Arteixo A súa primeira actuación desenvolveuse na homenaxe realizada en Camporrapado con motivo do nomeamento de Xosé Neira Vilas como Fillo Adoptivo do Concello de Boqueixón.. As súas voces, o son das súas pandeiretas e, sobre todo, a súa frescura –daí o nome da agrupación– logrou meterse no peto ao máis dun cento de asistentes a este emotivo acto. No pasado mes de novembro 2014 actuou no programa Luar da televisión de Galicia. Foi todo un éxito.

 

IMG_2186[1]
Ademáis do grupo de pequnos Loaira , todo un acontecementos o pasado ano. A asociación creou tres grupos màis para que o noso folklore teña continuidade. Os ensaios principiaron :

GAITA: xoves 2 de outubro ás 19 horas no Centro de interpretación do Pico
PANDEIRETA (maiores) : luns, 6 de outubro ás 19 horas no Pazo da feira
INICIACIÓN AO RITMO: xoves, 2 de outubro .

Homenaxe a Neira Vilas A Asociación homenaxeou ao escritor Xosé Neira Vilas, nunha xornada que tivo lugar o sábado 26 de outubro na que foi a antiga Casa Reitoral. O escritor descubriu, no patio do Centro de Interpretación, unha placa de pedra, obra realizada polo escultor Carlos Uzal, na que figuran o lema “Xosé Neira Vilas, A Palabra da Terra”. Mantívose unha mesa redonda compartida polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o Secretario da Real Academia Galega, Enrique Monteagudo, Un percorrido pola vida de Neira Vilas, da cal destacaron o seo amor por Galicia. No transcurso do acto fíxose entrega do libro “As dúas orelas”, da autoría do profesor e escritor, Xosé Manuel Lobato. Libro que quere ser un recoñecemento a Xosé Neira Vilas e ao neno Balbino, na conmemoración do seu cincuenta aniversario. Un momento moi emotivo foi cando o presidente da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, Xosé Manuel Lobato, interviu para agradecer a presenza de todos os asistentes e quixo aproveitar as palabras das persoas que o precederon na palabra, nas que destacaban a Neira coma un veciño máis de Boqueixón, para solicitar á corporación municipal o nomeamento de Xosé Neira Vilas como Fillo Adoptivo de Boqueixón. *  Proposta de nomear fillo adoptivo de Boqueixón a Neira Vilas O 27 de outubro nunha homenaxe que a Asociación lle rendeu a Xosé Neira Vilas no centro de interpretación Pico Sacro acordouse propoñer ao concello fose nomeado o autor do » Memoria dun neno labrego» fillo adoptivo do Boqueixón. Proposta que tivo eco na Corporación e por unanimidade outorgóuselle o nomeamento o 25 de xaneiro de 2014.

Neira-Vilas-Boqueixon-555x389

Máis novas

FESTAS DO GUNDIÁN

Luz do Ilicinio, Raeira e Delorio actuarán nas Festas do Gundián 2024.