III Certame de narración breve. Mestre Manuel Gacio

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

BASES:

 

1.- Poderá participar calquera mozo/a matriculado en educación Primaria ou ESO, segundo as seguintes categorías:

 

A: Alumnos/as de Primaria

 

B: Alumnos/as de Secundaria

 

2.- En ambas categorías a extensión máxima será de 5.000 caracteres, espazos incluídos.

 

3.- Os textos versarán sobre o Pico Sacro e deberán estar escritos en lingua galega, orixinais e non premiados noutros concursos.

 

4.- Os orixinais presentaranse en formato PDF, ODT ou DOC, en formato DIN-A4, en letra Times ou similar de corpo 12. Deben enviarse por correo electrónico ao seguinte enderezo: clmestremanuelgacio@gmail.com acompañados doutro documento onde figure a identidade do autor ou autora (Nome, enderezo, teléfono e correo electrónico) e título da obra, facendo constar no nome do documento o título da obra e a palabra PLICA. Os documentos PLICA serán custodiados pola asociación que non os dará a coñecer, preservando a identidade do autor/a ata despois da deliberación do xurado .

 

5.- Haberá dous premios por categoría, aínda que o xuri pode declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos textos.

Os premios serán:

Categoría A:

Un iPad, para o primeiro premio.
O segundo premio un eBook.

Categoría B.

Os mesmos premios que na categoría A

 

6.- A data límite de recepción dos textos, remata o 30 de novembro de 2018.

 

7.- A composición do xurado darase a coñecer na páxina da asociación mestre Manuel Gacio.

 

8.- A Asociación Mestre Manuel Gacio resérvase o dereito de divulgación ou publicación dos textos premiados. Neste senso os autores renuncian a calquera compensación económica.

 

9.- O xurado e a asociación están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante algún imprevisto non recollido nas presentes bases.

Máis novas

FESTAS DO GUNDIÁN

Luz do Ilicinio, Raeira e Delorio actuarán nas Festas do Gundián 2024.