Desde a Xunta Directiva anunciarvos un fin de semana de actividades e ledicia para todos os integrantes da nosa asociación.
Comezamos o venres coa actuación de varios grupos da asociación no programa Luar. Recomendamos non perder aos nosos grandes artistas.
Para o sábado temos un roteiro polo Pico coa mellor poesía sobre o mítico monte. Saímos ás 10 horas do centro de interpretación e todos os que desexedes participar non tedes mais que achegarvos a esa hora ao centro de interpretación do Pico.
Rematamos o luns coa pre – presentación na feira do libro de Santiago de «Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda». Obra que xorde e apadriña a nosa asociación coa colaboración de 90 autores así como varias institucións, Xunta de Galicia, Concello de Boqueixón, Asociación de Escritores en Lingua Galega, …. Por iso, todos os que poidan deben arroupar coa súa presenza este evento tan importante para a nosa asociación. Ver arquirvo.
Lembrar que todos os que van de público a Luar deben estar no plató 1000 ás 20 horas.
un saúdo,