EMOTIVA HOMENAXE A MESTRA E PEDAGOGA ANTIA CAL EN LESTEDO

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

Antia Cal foi obxecto dun emotivo acto organizado pola Asociación Mestre Manuel Gacio de Lestedo. A homenaxeada non puido nalgúns momentos conter as bágoas.

Descubriuse un monólito en pedra coa efixie da gran pedagoga no Centro de interpretación Pico Sacro de Cachosenande- Lestedo . Efixie que lle foi ofrecida tamén tallada en madeira e en cartolina.. Os acordeóns da Asociación acompañaron os actos ao aire libre, coas pezas “ Fisterra “ e“ Loureiro Verde”´.

.Estiveron presentes no acto ademais do Presidente da Asociación, Xosé M. Lobato e membros da xunta directiva, o Delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, o Secretario  Xeral de Política Lingüística, Valentín Garcia e o alcalde Boqueixón, Manuel Fernández .

A vicepresidenta da Asociación Vanesa Castro acompañada de duas nenas do grupo de pandareteiras ,vestina co traxe  típico, entregáronlle una placa conmemorativa e un ramo de flores

A emoción brotaba en cada momento e Antía Cal foi contando a historia vivida desde o seu nacemento en Cuba e logo os estudos en Galicia deixando ao seu pai na emigración.

Fixeron uso da palabra Esperanza Lema, pintora e amiga da homenaxeada, o poeta Xoán Fernández Abella recitou un poema composto para a ocasión, a escritora Charo Golmar tamén fixo referencia á personalidade de Antía Cal.

Logo ,Carmiña de Sotomaior, unha das moita amigas que estiveron a arroupar á homenaxeada, dedicoulle unha jora acompañada de pandereita.

Carlos de Cimadevila en nome da Nova Escola Galega, fixo referencia o labor desenvolvido por Antía Cal.

En nome da Fundación Neira Vilas, o seu presidente, leu unha carta moi emotiva dedicada á homenaxeada que no seu día escribira Neira Vilas.

En nome da Asociación , Manuel Abelleira, destacou a valentía desta mestra que revolucionou a forma de ensinar, rompendo con todo o establecido até o momento, primando os coñecementos reais sobre calquera outra forma de inculcar determinados valores ou forma de pensar. Introducindo a vida na escola

O acto foi presentado por duas novas estudantes de ESO, María Crespo e Sofía Silva, amabas recitaron senllas poesías. Ademais María interpretou co saxo unha bonita peza musical e Sofía ao piano tamén unha fermosa composición .

Máis novas

FESTAS DO GUNDIÁN

Luz do Ilicinio, Raeira e Delorio actuarán nas Festas do Gundián 2024.