AMIGOS DA FUNDACIÓN XOSE NEIRA VILAS
Esta noite, 27 de novembro, na bóveda celeste houbo inquietude, inquietude duns acordes de acollida. Pepe o creador, amigo e mentor de Balbino xa chegou para formar parte do gran setestrelo.
Mentres tanto, na face terrestre, Balbino o neno galego máis universal, emite sons e laios en todas as falas coñecidas.
Hoxe, a nosa dor é desoladora, mais ollamos, certo, a inmortalidade de tan grande obra e persoa.
Asociación cultural mestre Manuel Gacio, que leva no seu ADN a túa
PALABRA DA TERRA