Composición do xurado do II certame de relato curto mestre Manuel Gacio e bases do concurso

Publicada por:
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn

COMPOSICIÓN DO XURADO

Charo Golmar, profesora e escritora

Henrique Neira, profesor e escritor

X Ricardo Losada, profesor e escritor

Manuel Abelleira, profesor jubilado especialidade filoloxia

Sonia Rodríguez, profesora e secretaria do xuri

BASES

1.- Poderá participar calquera mozo/a matriculado en educación Primaria ou ESO, segundo as seguintes categorías:

A: Alumnos/as de Primaria

B: Alumnos/as de Secundaria

2.- En ambas categorías a extensión máxima será de 5.000 caracteres, espazos incluídos.

3.- Os textos versarán sobre o Pico sacro e deberán estar escritos en lingua galega, orixinais e non premiados noutros concursos.

4.- Deben ser presentados por quintuplicado, en folio tamaño A4, entreliñado simple e tamaño de letra 12, paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e catro copias nun sobre no que figure título e lema da obra, no seu interior outro sobre con título e lema pechado e se enviarán nome do autor, fotocopia DNI, enderezo e número de teléfono.

5.- Os traballos deben ser enviados a:

Centro de interpretación Pico Sacro

Rúa Pedro Ballesteros nº 25

Cachosenande

15881 Lestedo

Boqueixón -A Coruña-

6.- Haberá dous premios por categoría, aínda que o xuri pode declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos textos.

Os premios serán:

Categoría A: Un fin de semana nun balneario de Galicia para o autor e dous familiares, para o primeiro premio.

O segundo premio un cheque por valor de 75 euros para libraría Lino de Lestedo.

Categoría B. Os mesmos que premios que na categoría A

7.- A data límite de entrega remata o 30 de novembro de 2017

8.- A composición do xuri darase a coñecer na páxina da asociación mestre Manuel Gacio.

9.- A asociación Mestre Manuel Gacio reservase o dereito de divulgación ou publicación dos textos premiados. Neste senso os autores renuncian a calquera compensación económica.

10.- Os traballos non premiados poden ser solicitados polos seus autores no prazo dun mes despois de publicarse o fallo do xuri. Aqueles non reclamados en prazo serán destruídos.

11.- O xuri e a asociación están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante algún imprevisto non recollido nas presentes bases.

Máis novas

FESTAS DO GUNDIÁN

Luz do Ilicinio, Raeira e Delorio actuarán nas Festas do Gundián 2024.