Prezados socios/as
Tentaremos ser breves para comunicarvos tres cousiñas.
A primeira, o vindeiro 3 de outubro, no pazo da feira de Lestedo, comezamos os obradoiros de pandeireta, gaita, baile e percusión.
A segunda, por acordo da Xunta Directiva, decídese nomear a XOSÉ NEIRA VILAS, SOCIO DE HONRA DA ASOCIACIÓN.
Por outra banda, estamos preparando a programación para o 2016, como sempre contamos coas vosas suxestións para confeccionar un programa que atenda ás inquietudes da gran maioría.
Saúde e que cante o merlo neste equinoccial,
A Xunta Directiva