A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo ten programadas unha vintena de activiades para o ano 2018.
Estas son as actividades e as datas
Obradoiros de música tradicional dende setembro a xuño.
Taller de pintura (ilustración). 03 de febreiro
Obradoiro de baile «agarrado.» Marzo.
Roteiros literarios-didácticos no Pico Sacro, primeiros domingos dende marzo ata xullo.
Celebración do día das letras. 12 de maio
Noite máxica no cumio do Pico. 23 de xuño
Taller de confección de vestiario tradicional. ültimo trimestre
Serán «Sons do Ilicinio». e Brincando coa Historia. 13 de outubro
Contos na lareira. 10 de novembro
Entrega dos premios do III Certame de relato curto, «Mestre Manuel Gacio». 22 de decembro
Club de lectura Libredón para adultos e primeiros lectores. Durante todo o ano.
* Así mesmo, continuaremos coa divulgación e promoción do libro. «Pico sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda»
* Fomentar a participación dos grupos de música tradicional en diferentes concursos e festivais.
Tamén temos outros obxectivos prioritarios, entre os que destacamos:
– Recuperación da fonte do Pico sacro.
– Coñecer a microtoponimia de Lestedo e a súa posta en valor.
– Recuperar as cantarelas exclusivas de Lestedo, interpretadas por unha «parranda» durante o carnaval.