Prezados socios e amigos/as.
Dende a Xunta Directiva queremos comunicar os eventos que estamos celebrando ou que se van realizar en datas próximas:
· Obradoiros de pandeireta, gaita, percusión e baile.
· Obradoiro de agremáns que comezou o pasado 27 de febreiro, por certo, con notable éxito, pois houbo que facer dous grupos.
· Roteiro o Pico Sacro na literatura galega, unha andaina de 10 a 19 horas, moi recomendable. A saída será (se o tempo non obriga a suspender) dende o Centro de interpretación do Pico este sábado, 12 de marzo. Todos os socios/as que desexen participar só teñen que estar preparados ás 10 con botas de camiñar e vestiario axeitado para 14 km. Por certo, nesta actividade están inscritas preto de 150 persoas (cafip), aínda que é imposible realizar o itinerario con tanta xente (profesores) por iso, se limitou o número a 50 persoas e, se ofreceron outras datas para os que non veñan nesta ocasión.
· Actuación no programa LUAR, será o 18, alí estarán os grupos da nosa Asociación, ESTRALAMPO e LOAIRA, un orgullo para todos os que compartimos esa ilusión colectiva de traballar pola cultura de noso.
· Anunciar tamén que para o 3 de abril fomos convidados polos amigos da PONTE a participar dunha interesante actividade.
Seguiremos informando, atentos a nosa páxina, nese .gal un dos primeiros de Galicia e primeiro do noso Concello, nela podedes encontrar máis actualizadas as novas da Asociación. Lembrar que é: aaccmestremanuelgacio.gal
Saúdos animosos,
X D