O sábado 17 de setembro teremos unha actividade complementaria aos Seminarios da Memoria en Vilamor, Mondoñedo: AS VIVENCIAS DUN GUERRILLEIRO
O programa será o seguinte:
10h Charla- coloquio: Francisco Martínez López (Quico), supervivente do movemento guerrilleiro
12h Visita ao “Zulo de Valiñas”
13h Visita a Viloalle, á “Casa do Gardarrios”
14:30h Xantar colectivo
Percorrido opcional guiado por Mondoñedo o domingo
A inscrición para esta xornada é gratuíta, mais é preciso cubrir a ficha por cuestións organizativas. Podedes atopar toda a información sobre a inscrición, o xantar e os aloxamentos aquí.
Agradecemos a difusión desta información. Saúdos e grazas!
Nova Escola Galega
Rúa das Hedras nº 4, 2º 0
Tel/Fax. 981562577
www.neg.gal