Amigos da Ponte Ledesma homenaxearà o vindeiro 11 de Setembro ás 18h nas insuas de Gres a Maria Nieves Olmedillas de Pereiras
En primeiro lugar explicarvos o MOTIVO polo que o facemos. O grupo de «Amigos da ponte de Ponte Ledesma» tivemos a fortuna de coñecer a Maria Nieves no programa de Radio Obradoiro «O mellor está por vir», do que ela era madriña, en Marzo do 2014 cando nos convidaron a ir para falar do pequeno evento que ívamos celebrar a carón da ponte de Ponte Ledesma co gallo da celebración (por primeira vez) do «Día das Artes Galegas». A Maria Nieves gustoulle a idea e acudiu a nosa humilde celebración ese 1 de Abril do 2014 da que marchou encantada a pesar da sinxeleza do evento. Pero o mais curioso foi que despois á noite fixo unha crónica no programa sobre o noso modesto acto co entusiasmo que a caracterizaba ensalzándoo de tal maneira que mesmo parecía que estiveran alí a raíña emérita Dona Sofía e Isabel II de Inglaterra. Ese foi o primeiro dos eventos relacionados coa ponte de Ponte Ledesma ó que acudiu Maria Nieves pois a partir de ese momento sempre estaba presente en todas as ceremonias para facer posteriormente unha «entusiasta» crónica das mesmas nos programas de Radio Obradoiro nos que colaboraba contribuíndo á difusión da historia da nosa querida e milenaria ponte. En vista disto dende o grupo de «Amigos da ponte de Ponte Ledesma» solicitámoslle axuda ós concellos de Vila de Cruces e Boqueixón para organizarlle unha homenaxe a esta muller que, sin ter ningún vínculo coa ponte nin cos concellos que une, tanto contribuíu na divulgación da súa historia E que para nos supuxo un exemplo pola súa enerxía positivismo e vitalidade amais de ter un carácter tan dulce e alegre que «iluminaba» coa súa presenza calquer ceremonia á que acudía facéndose enseguida de querer.
En qué vai a consistir a homenaxe:
Vamos a tentar facer «algo similar» ó que fixo Xulio Castro Marcote no hostal poucos días despois do pasamento de Maria Nieves. O que imos a facer é que diferentes persoas que a coñeceron dirán unhas palabras sobre esta «pequena gran muller». Abrirá o acto a Xornalista Pilar Varela pois gracias a ela coñecemos nos a Maria Nieves (de non habernos invitado Pilar ó programa nada diso houbera sucedido). A poetisa Rosalía Morlán lerá un poema que escribiu e que está adicado a Maria Nieves e Tomás, tamén falará un representante do concello de Vedra así coma os alcaldes de Boqueixón e Vila de Cruces e aínda estamos confirmando mais «oradores». O broche final poñerao a tuna da facultade de dereito da USC da que Maria Nieves era madriña que nos deleitará con algunha interpretación. Por outra banda de todos é sabido o carácter altruísta de Maria Nieves e a súa colaboración con numerosas e diversas causas benéficas así que pedímoslle permiso á «Fundación Andrea» e ese día imos colocar unha urna nun lugar ben visible para que , aqueles que o desexen, poidan depositar un donativo.
Unha das cousas que mais nos preocupa é a difusión de este acto de homenaxe pois era moita a xente que coñecía a Maria Nieves e non queremos que ninguén deixe de acudir por non haberse enterado. Como xa vos dixen antes elaboramos unhas invitacións (que vos mando nun archivo adxunto) e nas mesmas xa poñemos que, por favor, a persoa que a reciba que a faga extensiva a todos aqueles que considere que poidan estar interesados en acudir.