O día 26 de decembro de 2014 celebrouse Asemblea Xeral de socios na que se aprobou o informe económico do exercicio económico 2014. Sinálase que o número de socios ata a data da celebración da Asemblea Xeral é de 143 o que supón uns ingresos por pago de cotas de 715 euros. A estes ingresos súmanse os obtidos pola venda de lotería (866 €); subvención da Deputación da Coruña (1.296,57 €); venda de libros (340 €); intereses abonados en conta (85,32 €) e obradoiros de baile (996 €). Tendo en conta que os gastos ascenderon a 3.077,90 €, acadouse un superávit de 1.341,42 €.
– No referente á programación anual para o próximo ano 2015, expóñense as seguintes ideas:
– Obradoiros de baile e música tradicional galega: destinado a nenos/as e maiores a partir dos 3 anos ao longo de todo o ano lectivo e cun orzamento de 3.250 €.
– Andaina musical “O murmuio da Raíña Lupa”: roteiros didácticos na contorna do Pico Sacro que se celebrará o 25/04/2015 e cun orzamento de 300 €.
– Contos na lareira: terán lugar o 24/01/2015; 16/05/2015 e 31/10/2015 cun orzamento de 900 €.
– Noite máxica que se celebrará o 20/06/2015 cun orzamento de 400 €.
– Brincando coa historia: xogos tradicionais o 22/08/2015 e 23/08/2015 cun orzamento de 500 €.
– Serán, foliada “Sons do Ilicinio”: o 30/05/2015 cun orzamento de 850 €.
– Obradoiro de campaneiro: de xaneiro a marzo cun orzamento de 400 €.
– Coñecer Boqueixón: os días 04/07/2015 e 05/09/2015 cun orzamento de 600 €.
– Obradoiro de bordado: durante os meses de marzo de abril de 2015 e cun orzamento de 500 €.
Aprobouse, por unanimidade dos presentes, a programación prevista para o ano 2015.
Acórdase nomear a José Manuel Lobato Martínez (Presidente da Asociación) e Natalia Lobato Mosquera (Secretaria da Asociación) representantes da mesma aos efectos de solicitar a subvención da Deputación da Coruña destinada ás actividades das asociacións culturais durante o ano 2015.
En rogos e preguntas:
– Proponse facer unha tarxeta de socio
– Destácase a nova desta páxina web da Asociación