O próximo 7 de xaneiro de 2016 cumpliranse catro anos do comezo da andadura da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio,
Transcorrido este prazo, de acordo cos estatutos da Asociación, procede a elección dunha nova xunta directiva.
Para poder convocar a Asamblea e proceder a elección, ábrese un prazo de 20 días naturais a contar desde hoxe e que, polo tanto, finalizará o próximo 23 de decembro (mércores), para que os interesados comuniquen mediante correo electrónico a súa [one_half_last]candidatura a ocupar algún dos postos da xunta directiva.[/one_half_last]
Tende en conta que, tal e como sinalan os estatutos da Asociación, a xunta directiva debe estar composta polo presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e dous vogais.
Unha vez remate este prazo, convocarase a Asamblea para proceder a elección entre as candidaturas presentadas.
Lembrade tamén que aínda está a vosa disposición a lotería de Nadal da Asociación. Este ano xogamos co número 42447. Os interesados en adquirila podedes enviar un correo electrónico para solicitala.
Finalmente, non vos olvidedes de abonar a cuota de socio. Só son 5 euros e o número de conta é:
ABANCA: 2080 0320 28 3040010149.
Saúdos,
A Xunta Directiva