O club de lectura creado no seo da Asociación Mestre Manuel Gacio xa ten nome. Chamarase Libredón en recordo do bosque máxico e cheo de misterios que alimentaron os temores da xente.
O primeiro libro que se decidiu ler é “ Romerías de Historias” do noso prezado socio de honra Xosé Neira Vilas.
Aducíronse como motivos para comezar con este libro , entre outros, a categoría literaria e humana do autor, ademais de que neste mes de novembro é ou aniversario do seu nacemento e tamén pasamento
As reunións do club de lectura decidiuse realizalas os venres. A primeira terá lugar o día 18 de novembro no Centro de Interpretación Pico Sacro de Cachosenande , na mesma se comentrarán as primeira s 50 páxinas de “ Romería de historias”
O club está aberto a todas as persoas que desexen participar no mesmo.