As II Xornadas Micolóxicas organizadas pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio celebráronse este domingo, 6 de novembro. nas serras adxacentes ao Pico Sacro do concello de Boqueixón con éxito notable . O obxectivo desta edición foi a difusión de boas prácticas para a recolección de fungos na zona ademais de servir como punto de reflexión respectando o medio ambiente.
A xornada comezou coa saída guiada ao campo acompañados de micólogos para a procura de especies e explicación de hábitats, recollida, curiosidades, etc e finalizou coa exposición e identificación dos cogomelos e fungos recolleitos polos propios participantes e das principais especies comestibles e tóxicas que aparecen nos nosos campos